Alfonso Magariños
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1936 (88 anos) Arcos, España |
Formación profesional | Xeografía e Historia, Ciencias Sociais e Teoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo, historiador, catedrático |
Xénero artístico | Ensaio |
Alfonso Magariños Sueiro, nado en Arcos (Cuntis) o 3 de outubro de 1936, é un sociólogo e historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Sociais e Teoloxía pola Universidade de Santo Tomé-Roma. Desempeñou os cargos de profesor de Socioloxía na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Vigo, cidade onde reside desde 1971, e de Xeografía e Historia nos Institutos Politécnico de Vigo, A Guarda, Marín e Mos.
Dedicouse á investigación histórica e sociolóxica, da que son froito os diversos ensaios publicados. Tamén colaborou ocasionalmente na prensa.
Obras en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A emigración: modernización e cambio social na Galicia contemporánea (1900-1936), 1999, Laiovento.
- A obra educativa e cultural dos emigrados: Prensa da Emigración e Sociedades de Instrucción en Galicia (1900-1936), 2000, Ediciós do Castro.
- A demografía na Galicia contemporánea (1900-1936), 2003, Toxosoutos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Galicia: conflicto e supervivencia, 1979, Editorial Castrelos.
- O monte comunal en Galicia: unha historia de resistencia, 1999, A Fouce Edicións, A Estrada.